Blogia
José Fidalgo Pérez. In memoriam.

EXILIADO EN FRANCIA

O paso polo campo de Barcarès

O paso polo campo de Barcarès

Santiago Álvarez publica unha relación de soldados republicanos, pertencentes ao que foran as "Milicias Populares Gallegas", posteriormente integradas no 5º Rexemento do Exército Popular, e que estaban no campo francés de Barcarès. Alí figura un tal JOSÉ FIDALGO RODRÍGUEZ (na fotografía, columna da dereita, décimo terceiro nome), que ben podería tratarse dun erro no segundo apelido, xa que sabemos que o noso Fidalgo fora un deses soldados republicanos.